cabeceira
Rallye Online
.
Hydracorte
.
Tomymobile
.
Automóviles Alca
.
Desguaces Vilabella
.
Neumáticos Soledad
.
Centro Comercial Odeón
Placa
Cartel
FacebookTwitterYoutube
Concello de Narn
Deputacin da Corua
Xunta de Galicia
Deporte Galego
Federación Galega de Automobilismo
AyD Multimarca
RallyStore
Gadis
Imperial
Historia da Escudería
>> Coñece de onde vimos
 

- En decembro de 1984, realízanse as primeiras reunións para plantexar a formación dunha Escudería.

- O día 9 de Xaneiro de 1985, o grupo acorda constituir unha asociación deportiva chamada Siroco Team Narón.

- O día 8 de Febreiro de 1985, asínanse os Estatutos da Asociación e se inscribe na Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia co Nº 757 e na Federación Galega de Automobilismo co Nº 014.

a

- Ata 1988, o único fin da escudería era a participación nos Campionatos de Galicia e España de Rallyes así como en diversas probas de carácter rexional próximas a Galicia, logrando, ademáis das victorias individuais conseguidas polos diferentes equipos que competían baixo o nome do Siroco Team Narón, o Triunfo Absoluto no Campionato de Galicia de Rallyes para Escuderías e Departamentos de Competición en 1987.

a

- Xa dende o ano 1988, ademáis de seguir participando nos distintos Campionatos de Galicia de Rallyes sobre Asfalto, Rallyes sobre Terra, Montaña, Slalom, Karting e Autocross, comézase coa organización do RALLYE de NARÓN, puntuable en principio para o Campionato Galego de Rallyes sobre Terra (as 6 primeiras edicións) no cal se consegue ser a proba máis puntuada dentro da Comunidade Autónoma de Galicia dende 1990 ata 1993, e logo no Campionato Galego de Rallyes sobre Asfalto (a partir de 1994), obtendo tamén o máximo coeficiente no ano 1998, que se mantén ata a actualidade. En 1994 a escudería logra por segunda vez o Triunfo Absoluto no Campionato Galego para Escuderías e Departamentos de Competición.

a

- Na tempada 2001, o Siroco Team Narón recibe na Gala do Deporte do Concello de Narón a distinción como mellor clube de Narón, do mesmo xeito que a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia elixe a esta escudería como Mellor Clube Galego do Ano dentro do apartado de automobilismo. En xuño deste mesmo ano, inaugúrase a nova sede social, sita na Rúa Río Vespasante, Nº19 Baixo D, en Piñeiros (Narón).

- No 2002, 2003 e 2008 acádase por 3ª, 4ª e 5ª vez o Triunfo Absoluto no Campionato Galego para Escuderías e Departamentos de Competición.

a

 
© Escudería Siroco Narón 2014