cabeceira
Rallye Online
.
Hydracorte
.
Tomymobile
.
Automóviles Alca
.
Desguaces Vilabella
.
Neumáticos Soledad
.
Centro Comercial Odeón
Placa
Cartel
FacebookTwitterYoutube
Concello de Narn
Deputacin da Corua
Xunta de Galicia
Deporte Galego
Federación Galega de Automobilismo
AyD Multimarca
RallyStore
Gadis
Imperial
XXVI Rallye Cidade de Narón
>> Clasificación Final
 
 


Luis Vilariño e Moncho López repetían a súa victoria da pasada edición no 26º Rallye Cidade de Narón, impoñendo o seu Mitsubishi Lancer Evo X R4 nunha carreira claramente condicionada pola climatoloxía, onde a chuvia nos acompañou ó longo da xornada.



Tanto ou máis mérito que os vencedores teñen Iván Ares e Álvaro Bañobre, que atacaron ata o último metro co Porsche 911 GT3 polas esvaradías estradas que compoñían o percorrido da proba e acabaron cedendo o primeiro posto por apenas 2 segundos, dando todo un recital de conducción.



Entre os habituais dos postos de cabeza eran varios os equipos que asumían máis riscos que outros para plantar cara con mecánicas un tanto obsoletas, como Ramiro González e Manuel Pico co Renault Clio Williams ou Félix Pazos e Jesús Calvo co Citroën Saxo Kit Car ata que ambos se vían obrigados a abandonar e deixaban en solitario na loita polos postos de honra ó R5 GT Turbo de Javier Mtnez Carracedo e Marcos Fernández que acadaban o 5º lugar da xeral scratch ademáis de ser 2º na copa TopTen por detrás do Mitsubishi Lancer Evo IX de Pablo Silva e David Matalobos.



En canto ó referente no Volante FGA, a victoria recaeu como non podía ser de outra maneira vendo os antecedentes do desaparecido Volante RACC, nun equipo local, sendo neste caso o formado por Roberto Tenreiro e Félix Golpe que tamén lograban situar o Peugeot 206 XS como 9º clasificado.



Outro dos equipos máis destacados da carreira foi o claro vencedor da Copa Kumho, sendo probablemente o Peugeot 106 XSI de Borja Vila e Yago Doce o vehículo máis humilde do citado trofeo e que ademáis de impoñerse na súa clase coa mesma rotundidade quedaban ás portas de entrar nos 10 primeiros da Clasificación Xeral Final.
 
 
> Publicado o: 09/06/2013
>> Entrega de Premios en Complejo Imperial
 
 


En esta nova edición da proba naronesa a Entrega de Premios e Trofeos múdase ata o "Complejo Imperial", un magnífico emprazamento no que ademáis de celebrarse a cerimonia na súa zona de discoteca permite diferentes posibilidades con zonas de recreo, terraza, bar e restaurante.

Poden realizar a súa reserva chamando ó 981 380 690.
 
 
> Publicado o: 06/06/2013
>> Vídeos dos Treitos Cronometrados
 
 


Amosámoslles un novo punto de vista dos diferentes treitos cronometrados con esta serie de cámaras a bordo, permitindo que os espectadores podan observar o percorrido sen necesidade de achegarse previamente ó lugar.

Vídeos por cortesía de RallyStore.net, a tenda online de accesorios racing.

TCA: Os Casás - "Talleres Breogán"


TCB: As Forcadas - "Fercarpi Galicia"


TCC: A Nogueira - "Talleres Casal y Pernas"


TCD: Cerdido - "Sondeos Gayoso"
 
 
> Publicado o: 05/06/2013
>> Mapas do Percorrido
 
 


Dende o día de hoxe poden descargar a Guía do Espectador con mapas individuais de cada treito así como diversas descricións de accesos para eles, o Mapa Interactivo para Google Earth onde clicando en cada unha das pestañas se desplegará a información relativa ás mesmas e un Mapa Xeral que nos facilitará a ubicación das zonas máis importantes do evento.
 
 
> Publicado o: 01/06/2013
>> Lista de Inscritos
 
 
Publicamos a Lista de Inscritos cun total de 102 equipos participantes onde se contemplan algunhas ausencias entre os habituais nas copas e certames do campionato pero que se ven compensadas coa sempre numerosa participación local, destacando os 23 equipos que compiten coa escudería anfitriona e que a bo seguro aportarán moito espectáculo nesta nova edición do Rallye Cidade de Narón.
 
 
> Publicado o: 31/05/2013
>> Peche de Inscricións
 
 
O prazo de inscrición para participar no vindeiro 26º Rallye Cidade de Narón finalizou hoxe ás 20:00 superando o centenar de equipos, unha importante cifra onde ademáis da cantidade resalta a calidade da meirande parte dos equipos concursantes tal e como se pode apreciar na Lista de Preinscritos.
 
 
> Publicado o: 29/05/2013
>> Primeiros Inscritos
 
 
Comezan a chegar as primeiras solicitudes de inscrición destacando notablemente un ano máis a participación dos numerosos equipos locais entre os que se atopan xa o incombustible Manuel Ángel Macías, (único concursante que tomou a saída en todas e cada unha das edicións da proba naronesa), e David Grandal, quen tras proclamarse subcampión da TopTen no 2012 aínda non tomara parte en ningunha carreira esta tempada.

O comité organizador actualizará periódicamente a Lista de Preinscritos para que os participantes podan comprobar que a súa inscrición está completa, ademáis que se lle permite ós espectadores coñecer que equipos se achegarán a participar no 26º Rallye Cidade de Narón.
 
 
> Publicado o: 22/05/2013
>> Aberto o prazo de inscrición
 
 
Dende as 10:00 horas do día de hoxe queda aberto o prazo de inscrición do 26º Rallye Cidade de Narón para todos os equipos que figuran inscritos no Campionato de Galicia de Rallyes 2013, podendo facelo os demáis a partir do día 6 á mesma hora.

Os equipos que desexen participar deberán remitir o Boletín de Inscrición debidamente cumprimentado e acompañado do xustificante de ingreso bancario á Secretaría do Rallye mediante Fax ó 981 391 111, por e-mail a correo@rallyenaron.org ou persoalmente na oficina da escudería, situada na Rúa Río Vespasante Nº19 Baixo D, Narón.

A data límite para inscribirse na proba é o mércores 29 de Maio ás 20:00.
 
 
> Publicado o: 01/05/2013
>> Regulamento Particular
 
 
No día de onte foi aprobado o Regulamento Particular da proba naronesa, quinta cita do Campionato de Galicia de Rallyes de Asfalto.

A carreira conta co Permiso de Organización número GA-022-RA, expedido pola Federación Galega de Automobilismo.
 
 
> Publicado o: 23/04/2013
>> Renovación da Web
 
 


A conta atrás para a celebración do 26º Rallye Cidade de Narón xa está en marcha e aproveitamos a ocasión para renovar a imaxe da web amosando públicamente o cartel que conmemora esta edición, protagonizado por un dos equipos máis admirados onde queira que compitan e que ademáis é un dos veteráns da escudería anfitriona, Félix Pazos e Jesús Calvo.
 
 
> Publicado o: 20/04/2013
© Escudería Siroco Narón 2013