O vindeiro xoves 11 de abril, ás 13:00 horas, no CENTRO COMERCIAL ODEÓN, levará a cabo a PRESENTACIÓN OFICIAL do CARTEL do 36º RALLYE CIDADE DE NARÓN.
Contarase coa presenza por parte do Concello de Narón da alcaldesa, Marián Ferreiro, do concelleiro de deportes Ibán Santalla e do concelleiro de seguridade cidadá José Oreona, con Antonio Leira deputado provincial de deportes e mocidade dá Deputación dá Coruña, distintas autoridades da Xunta de Galicia e dos concellos polos que discorre a proba, representantes de RECALVI, patrocinador da Copa de España de Rallyes de Asfalto que leva o seu nome, contaremos tamén coa presenza de Francisco Zabaleta, xerente dos concesionarios Hyundai, que cede os vehículos que se van a usar na caravana do rallye e coa xerente do Centro Comercial Odeón.
Estará exposto o Peugeot 206 XS, co que Fernando Sanmartín piloto de Escuadra Siroco Narón disputará o rallye de casa e algún vehículo Hyundai dos que se usarán na caravana do Rallye Cidade de Narón.