Tras unha reunión mantida entre representantes políticos, técnicos de seguridade e membros da organización, acordouse, por motivos sanitarios e en vistas da dificultade que entrañaría garantir as medidas de distanciamento social nunha especial que sempre congrega a miles de persoas, a CANCELACIÓN do treito urbán (TC1-Narón) que se iba a disputar na tarde do venres como inicio de rallye.
Lamentamos profundamente ter que tomar esta decisión, pero tras valorala profundamente ao longo de varias negociacións, tódalas partes de mútuo acordo tomamos a decisión. Pedimos desculpas a tódalas persoas e patrocinadores que esta medida lles poidese ocasionar molestias.