Acabamos de recibir unha nova que trastoca os plans que tiñamos previstos para o 33º Rallye Cidade de Narón, por motivos medioambientais vémonos obrigados a cancelar a especial de “As Pontes – Tallares Casal y Pernas”, dado que a Consellería de Medio Ambiente a través dun dos seus técnicos nos denegou o permiso.
Intentamos por tódolos medios buscar unha solución, pois consideramos que se trata dunha decisión totalmente desproporcionada, xa que dito treito non entra no Parque Natural de As Fragas do Eume, a pesar de que o seu técnico de medioambiente colaborou en todo momento para debuxar o percorrido de dito treito.
Sin embargo, non foi posible chegar a un acordo co técnico de Medio Ambiente designado pola Xunta de Galicia, que mostrou a súa rotunda negativa á disputa do treito a pesar de que toda a caravana do 33º Rallye Cidade de Narón deberá realizar igualmente o percorrido tal e como estaba previsto, aínda que de forma neutralizada.
Dende aquí, queremos lamentar as molestias que esto poda ocasionar a tódolos afeccionados e participantes, así como ás empresas que nos respaldaron para sacar adiante a nosa carreira.