Menú Cerrar

Complementos do Regulamento

A RFEdA aprobounos unha serie de Complementos ao Regulamento Particular para acabar de concretar puntos que estaban pendentes e modificar outros debido aos cambios estructurais que se produciron:

Complemento 1 – PUBLICIDADE

Defínense os deseños da publicidade proposta polo organizador, indicando as súas dimensións e posición.

Recordamos a tódolos participantes que sobre as ventanillas laterais e na lúa traseira solamente está permitido levar os adhesivos que se indican neste documento.


Complemento 2 – CANCELACIÓN TC1

Seguiendo as indicacións das autoridades, ante a dificultade que presenta controlar que o público respete as distancias de seguridade, ademáis de evitar orixinar unha cadea de contaxios, acadouse o acordo mútuo de suspender a celebración do Treito Urbano que estaba previsto para a tarde do venres.


Complemento 3 – ACTUALIZACIÓN PROGRAMA-HORARIO

Como consecuencia da cancelación do TC1, toda a xornada do venres 25 ve alterada a súa programación e se estipulan novos horarios.

Principalmente, auméntase o horario destinado a realizar as verificacións pertinentes aos equipos participantes e se establece un Parque de Custodia obrigatorio de 20:30 a 22:30 xunto ao Centro Comercial Odeón.


Complemento 4 – CADRO HORARIO VERIFICACIÓNS TÉCNICAS

Tanto para evitar atascos na entrada das mesmas, como para procurar que coincidan o menor número de persoas á vez dentro do recinto, establécese un cadro horario onde cada participante ten asignada unha hora e unha rúa de verificación.


Complemento 5 – SUPER-RALLYE

Pese ao intento da organización para permitir que un participante que tivese abandonado se puidese reincorporar á carreira en calquera sección, finalmente vémonos obrigados a publicar este Complemento Nº5 onde se plasma o que xa se indica no Anuario. Publícase sen alteracións, reflexando o artigo 29.3.1. ao pé da letra, simplemente para anular a proposta que figura xunto ao modelo de solicitude no RoadBook.


Complemento 6 – RELACIÓNS COS CONCURSANTES

Modifícase o Artigo 4.2. do Regulamento Particular da proba no sentido de sustituir a D. Alejandro Moure Silva por D. Ernesto Rumbo Queijeiro. Tamén se inclúe o Plan de Traballo de cada un, mostrando as localizacións onde se poderán atopar.


Complemento 7 – CADRO DE OFICIAIS

Relación completa dos membros da organización que contan coa súa respectiva licenza federativa.