Menú Cerrar

Desafío Kumho Asfalto 2021

ASR Tyres & Motorsport, distribuidora oficial de neumáticos Kumho Motorsport, convoca o Desafío Kumho Asfalto 2021 para vehículos atmosféricos de dúas rodas motrices (quedando exentos os das categorías GT, S1600 e os Kit Car de 2.000 c.c.).

Serán puntuables para este certame os catro rallyes galegos que figuran no calendario 2021 da Copa de España de Rallyes de Asfalto, sendo o Cidade de Narón a primeira cita programada, o 25 e 26 de xuño. Seguiranlle o Botafumeiro (23 e 24 de xullo), o Rali do Cocido (16 e 17 de Outubro) e o Rías Baixas (con data pedente de definir tralo seu aprazamento).

A dotación de premios ascende a 11.000 €, repartindo 2.750 € por carreira entre os 5 primeiros clasificados de cada cita. Unha magnífica fórmula para os equipos que desexen planificar unha tempada compacta, con custos contidos e desfrutando de algúns dos rallyes máis emblemáticos e prestixiosos de Galicia.

Link do Regulamento: Desafío Kumho Asfalto 2021