Menu Close

Desafío Kumho Asfalto 2022

Do mesmo xeito que na pasada edición, o Rallye Cidade de Narón volve ser puntuable para o Desafío Kumho Asfalto 2022.
Devandito desafío é convocado pola empresa ASR Tyres & Motorsport e nel poderán participar todos os vehículos de 2 rodas motrices, quedando excluídos os vehículos con Turbo e os de categoría GT, S1600 e Kit Car (2.000 c.c.).
As probas puntuables para o Desafío Kumho Asfalto 2022 serán:
Rali do Cocido (23 e 24 de abril)
Rallye Cidade de Narón (11 e 12 de xuño)
Rallye de Ferrol (20 e 21 de agosto)
Rallye Recalvi Rías Baixas (29 e 30 de setembro e 1 de outubro)
O montante total de premios ascende a 7800 €, repartindo 1950 € por proba entre os 5 primeiros clasificados.
O Desafío Kumho Asfalto 2022 é unha interesante opción para os equipos que se planteen realizar unha tempada máis compacta e cuns custos contidos, podendo así gozar dos rallyes máis emblemáticos e prestixiosos de Galicia.
Link do regulamento: Desafío Kumho Asfalto