Menu Close

historia

A mediados da década de 1980, un grupo de entusiastas do mundo do motor, capitaneados por Constantino Cao, empeza a valorar a posibilidade de formar unha escudaría, aunando forzas e recursos, para poder iniciarse e progresar no difícil e costoso deporte do automobilismo.

Por iso, o 9 de xaneiro de 1985 decídense dunha vez por todas e o grupo acorda constituir unha asociación deportiva chamada Siroco Team Narón, adoptando o nome do bar que rexentaba o propio Cao, que era o habitual lugar das súas reunións.

Ata 1988, o único fin da escudaría era a participación nos Campionatos de Galicia e España de Rallyes así como en diversas probas de carácter rexional próximas a Galicia, logrando, ademáis das victorias individuais conseguidas polos diferentes equipos que competían baixo o nome de Siroco Team Narón, o Triunfo Absoluto no Campionato de Galicia de Rallyes para Escudarías e Departamentos de Competición en 1987, logro que repetirían nas tempadas 1994, 2002, 2003 e 2008.

Durante esas primeiras campañas, os vehículos do equipo lucían a mesma decoración e compartían patrocinadores, sendo Muebles Fembyc o principal impulsor económico, e incluso desplazaban unha caravana con venta ambulante de bocadillos, bebidas e todo tipo de artigos relacionados coa competición como adhesivos, camisetas ou revistas especializadas, para recaudar cartos e sufragar algúns gastos dos seus pilotos.

Xa dende o ano 1988, ademáis de seguir participando nos distintos Campionatos de Galicia de Rallyes de Asfalto, Rallyes de Terra, Montaña, Slalom, Karting e Autocross, comezan coa organización do Rallye de Narón, que nas súas seis primeiras edicións foi puntuable para o certamen galego de Rallyes sobre Terra.

O palmarés o inauguraron Serafín Oitabén e Francisco Alonso cun Citroën Visa Trophee, a quenes seguiron José Caamaño e José Manuel Valeiro con outro Visa, pero en esta ocasión o 1000 Pistes 4X4. Os tres seguintes anos foron dominados por Manuel Senra e Pepe Maceiras con diferentes unidades de Peugeot 205 GTI e só sucumbiron na sexta edición ante o Citroën AX 4X4 de José Alonso e Agustín Rodríguez nunha proba que contou con numerosas presenzas de equipos do Campionato de España, atraídos polos bos comentarios que empezaban a circular sobre a nosa carreira.

A partir de 1994, dado que cada vez resultaba máis complicado atopar pistas de terra adecuadas para realizar os treitos cronometrados, o rallye cambia de superficie e comeza a disputarse sobre asfalto. Os primeiros en vencer nestas condicións serían o navarro Javier Azcona e Juan Louro con Renault Clio Williams, logrando a súa primeira victoria absoluta, a cal lles facilitaría as cousas para ser Campións de Galicia ese mesmo ano. A continuación, chegou a época dourada de Germán e Estrella Castrillón, con cinco triunfos en seis anos entre 1995 e 2000 aos mandos primeiro do Ford Escort Cosworth e máis tarde, tras verse derrotados por Javier Piñeiro e Manuel Ferreiro co Renault Maxi Clio en 1997, cos Mitsubishi Lancer Evo IV e VI.

Durante eses anos tamén competían paralelamente os Históricos, que saían a continuación na lista de inscritos, facendo as delicias do público dada a súa espectacularidade e contaban con unha clasificación independente. Uns dos máis destacados da categoría pese a non conseguir nunca impoñerse en Narón, serían Juan Ricardo Costoya e Jesús Leal co Seat 124, sendo o piloto quen ostenta o récord de participacións no noso rallye, ausentándose solamente nunha edición.

A tempada 2001 sería un ano especial xa que o rallye levaba el sobrenome de Internacional, e acollía a participación de varios equipos británicos que se sumaban ás esporádicas presenzas de outros chegados dende Portugal, e de entre todos eles, todo o mundo segue recordando o Subaru Impreza WRC de Stuart Coupe e Andrew Bull, un coche con importante pedigrí ao ser o mesmo co que Colin McRae se impoñía nos rallyes de Córcega e Acrópolis en 1998. Ademáis, o Siroco Team Narón recibía a distinción como Mellor Clube de Narón na Gala do Deporte do Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia nos elixía como Mellor Clube Galego do Ano.

Nesta época regresa o dominio de Manuel Senra, agora con Faustino Suárez á dereita no seu Peugeot 306 Maxi, añadindo cinco triunfos máis aos tres que xa atesouraba da época de terra, o que lle permite seguir sendo a día de hoxe o piloto máis laureado en Narón. Tan só José “Bamarti” e Manolo Campos lograban inmiscirse na súa racha de victorias ao lograr vencer en 2003 co seu potente Mitsubishi Lancer Evo VI.

Os dous anos seguintes foron moi duros, tendo que acortar drásticamente o percorrido da carreira en 2004 pola negativa de varios alcaldes na véspera da competición e, sobre todo, en 2005 cando sufrimos a perda de Alberto González “Boucido”, quen falecía a consecuencia dunha aparatosa saída de pista do Renault Clio Williams no que participaba como copiloto, decretándose de inmediato a finalización do rallye en sinal de loito.

Un dos equipos máis aclamados pola afición durante estas tempadas eran Julio Doce e Gloria de la Fuente, que ademáis de realizar auténticos malabarismos co seu Mitsubishi Lancer Evo VI conseguían destacados resultados, aínda que nunca conseguiran facerse coa victoria a pesar de subir ao pódium absoluto en nada menos que oito ocasións. Quenes sí o conseguían eran os irmáns Pedro é Marcos Burgo, encadenando tres seguidas co Mitsubishi Lancer Evo VIII entre 2007 e 2009, e unha cuarta en 2011 co flamante Ford Focus RS WRC ’05 na que sería a última aparición dun coche de dita categoría tras ter disfrutado tamén dos pilotados por Roberto Blach, o Seat Córdoba WRC en 2005 e o Skoda Octavia WRC en 2009 e 2010.

Nese mesmo 2010 chegaba a primeira das súas tres victorias para Alberto Meira co Mitsubishi Lancer Evo X, sendo o único que logrou vencer con tres copilotos diferentes, estando acompañado aquí por Álvaro Bañobre, (quen tamén se adxudicaba o triunfo en 2014 con Iván Ares ao volante do Porsche 997 GT3 RS 3.6), en 2015 por Javi Varela e en 2016 por David Vázquez (que lograría outras dúas máis consecutivas á dereita de Víctor Senra no Ford Fiesta R5 en 2017 e 2018).

Entre medias, as edicións de 2012 e 2013 foron para Luis Vilariño e Moncho López, tamén con Mitsubishi Lancer Evo X, e finalmente, en 2019 para Iago Caamaño e Alberto Rodríguez co Ford Fiesta R5, a última disputada antes de que o Covid-19 nos obligase a cancelar a de 2020.