Menú Cerrar

JORGE CAGIAO E JAVIER MARTÍNEZ LEVANSE O 36º RALLYE CIDADE DE NARÓN.

A vitoria da 36ª edición do Rallye Cidade de Narón, proba puntuable para a Copa de España de Rallyes de Asfalto, (CERA-RECALVI) foi parar a mans do piloto local Jorge Cagiao copilotado por Javier Martínez a bordo do Alpine A110 R-GT, o cal conseguiu marcar scratch en oito dos dez tramos dos que se compoñía a proba.

A choiva fixo acto de presenza na terceira e cuarta sección do rallye, facendo que este estivese máis emocionante, xa que unha equitación inadecuada de pneumáticos por parte de Jorge Cagiao, que saía aos tres primeiros tramos con pneumáticos de seco permitía a Victor Senra, cunha equitación de mollado achegarse aos tempos de Jorge. Para na última sección do rallye Jorge montaba os pneumáticos adecuados e facíase coa vitoria do rallye. Quedando en segunda posición Victor Senra e Jose Murado cun Skoda Fabia R5 Rally2, os cales mantiveron unha bonita loita durante todo o rallye.

A terceira posición ía para a mans de Miguel Fuster que regresaba á competición cun Citroën C3 rally2 do equipo Citroën Rally Team copilotado por Alba Sanchéz, terceira posición que conseguían no último tramo por dous segundos con relación a Alberto Ordoñez e José Antonio Pintor, os cales participaban nun Skoda Fabia R5 do equipo portugués Costa Racing.

Alvaro Muñiz e Nestor Casal facíanse a sexta posición e eran primeiros N5 cun Ford Festa.

No apartado de históricos a vitoria ía parar a mans dos locais Javier Bouza e Miguel Peña a bordo de Ford Escort RS 1800 MKII adquirido recentemente.