Menú Cerrar

LISTA OFICIAL DE INSCRITOS 36º RALLYE CIDADE DE NARÓN.

Encabezando a lista atopámonos co novo Alpine R-GT de Jorge Cagiao e Javi Martínez, gañadores da pasada edición do Rallye Cidade de Narón e subcampións da CERA-RECALVI 2023, seguidos de nada máis e nada menos que de nove vehículos da categoría Rally2, un N5, dous Rally4 e dous R5-kit.

Na categoría Rally2 temos aos asturianos Óscar Palacio e Alberto Iglesias, a Miguel Fuster e Alba Sánchez, que para esta ocasión estrean un Citroën C3 do equipo oficial Citroën Rally Team, ao canario Enrique Cruz e Yeray Mujica, ao asturiano Alberto Ordoñez copilotado polo galego Jose Pintor, a Victor Senra e Jose Murado, á nova promesa, o catalán Gil Membrado e Pablo Sánchez, a #Luis Vilariño e David Míguez, a Iago Caamaño e José Alberto Rodríguez e a Carlos Moreno e Diego Fonte. Na categoría N5 e intercalado entre o grupo de Rally2 temos a Álvaro Muñiz e Nestor Casal, gañadores da CERA-RECALVI 2023.

A categoría Rally4 disputásenlla Iago Gabeiras copilotado por Ian Quintana e o novo piloto local Diego Varela que estrea un Opel Corsa e é copilotado por Adrián Díaz. Na categoría R5-Kit outros dous pilotos locais, Nacho Sanesteban copilotado por Cristóbal Vergara, que estrean un Suzuki Swift Sport do equipo de Pablo Rey e o veterano Manel Castrillón copilotado por #Luis Hernández.

En canto a copas de promoción estarán presentes, a Challenge Recalvi, o Trofeo Traseiras Fam53 e o Trofeo Siroco, que está reservado aos pilotos do autonómico.

No “Trofeo Tracción Traseira Fam53” compiten once vehículos tracción traseira, entre os que nos atopamos a pilotos como, Vicente Cabarcos, cun BMW M3 e Sergio Fernández cun BMW 320 (E36), a Javier Bouza e o seu novo Ford Escort RS 1800 Mk II, que vén de estrealo no Rally de Asturias Histórico e aos Seat 1430 de Antonio Amor e Javier Puentes noutros.

Do mesmo xeito que na edición anterior, este ano tamén se conta coa FFFdesing, que está enfocada a todos os Peugeot 206 que participan no Rallye Cidade de Narón, dentro do apartado autonómico e está patrocinada pola empresa FFFdesing.