Menú Cerrar

Moito palmarés entre os inscritos

Seguimos descontando días para o 33 Rallye Cidade de Narón, e a falta de pouco máis de un día para o peche de inscricións xa contamos con algúns equipos ilustres que farán as delicias dos siareiros ao noso deporte.
Entre os presentes atopámonos con pilotos de gran palmarés como Sergio Vallejo, bicampión de España de Rallyes de Asfalto, aos mandos do seu maxestuoso Porsche 997 GT3 2010, ou Óscar Palacio, polifacético pluricampeón de Asturias, Galicia, Castela e León, e de España en disciplinas tan diferentes como Karting, Rallyes e Montaña, que aquí será da partida como líder da Challenge Michelin co seu Ford Fiesta Rally2.
Recordamos que as inscricións finalizarán este mércores ás 14:00 do mediodía.