Menú Cerrar

Pechadas as inscricións con estreo oficial en España

Un total de 66 vehículos formalizaron a súa inscrición para esta nova edición do Rallye Cidade de Narón, a 33ª da súa historia e a primeira na que deixará de ser puntuable para o certame rexional, adentrándose a nivel estatal como a primeira que exclusivamente puntuará para a recén renovaba Copa de España de Rallyes de Asfalto.

Con unha predominante participación local, destaca o estreo en España do novo Renault Clio Rally4, un vehículo co que a marca francesa pon toda a carne no asador confíando o seu debut e posta en marcha ao equipo naronés TRS Motorsport, que contará á súa vez cos vencedores da Copa Clio 2020 aos mandos, Jorge Cagiao e Amelia Blanco.

Ademáis, contaremos coa presenza de varios Porsche GT3, coches da categoría R5 de 3 marcas diferentes, varios N5 con Alex Pais (Campión de Galicia en 2015) e o local David Grandal á cabeza, así como monturas de diversos tipos e épocas que farán as delicias do público asistente.