Esta mañá levaba a cabo no CENTRO COMERCIAL ODEÓN, a PRESENTACIÓN OFICIAL do CARTEL do 35º RALLYE CIDADE DE NARÓN.
Á devandita presentación acudiron, por parte do Concello de Narón a alcaldesa, Marián Ferreiro e o concelleiro de deportes José Oreona, Cristina Imaz, xerente do Centro Comercial Odeón, Francisco Zabaleta, xerente dos concesionarios Hyundai e por parte da Escudería Siroco Narón, Moncho Padín, director de carreira, Antonio Sueiras, director adxunto e Ramiro Fandiño, xefe de seguridade.
Tamén estivo presente o protagonista do cartel desta edición, Jorge Cagiao e o seu Alpine A110 R-GT, vehículo co cal está a disputar a Copa de España de rallyes, copilotado por Javier Martínez.
Desde Escudería Siroco Narón queremos dar as grazas a todas as institucións públicas, empresas, persoas e clubs deportivos que ano tras ano seguen apoiándonos para levar adiante unha proba de tan alto nivel.
En menos de dous meses volve a competición automobilística a Narón, esperámosvos a todos.