Menú Cerrar

PRESENTACIÓN CARTEL 35º RALLYE CIDADE DE NARÓN.

O vindeiro martes 6 de xuño, ás 13:00 horas, no CENTRO COMERCIAL ODEÓN, levará a cabo a PRESENTACIÓN OFICIAL do CARTEL do 35º RALLYE CIDADE DE NARÓN.

Por parte do Concello de Narón contarase coa presenza da alcaldesa, Marián Ferreiro e do concelleiro de deportes José Oreona. Tamén estará un representante de RECALVI, patrocinador da Copa de España de Rallyes de Asfalto que leva o seu nome. Contaremos tamén coa presenza de Francisco Zabaleta, xerente dos concesionarios Hyundai, que cede os vehículos que se van a usar na caravana do rallye e coa xerente do Centro Comercial Odeón.

Estará exposto o Alpine A110 R-GT, co que Jorge Cagiao e Javier Martínez están a disputar dita Copa de España e algún vehículo Hyundai dos que se usarán na caravana do Rallye Cidade de Narón.