O pasado xoves 11 de abril levaba a cabo no Centro Comercial Odeón, a presentación oficial do cartel do 36º Rallye Cidade de Narón, proba que terá lugar os días 24 e 25 de maio e será puntuable para a Copa de España de Rallyes de Asfalto (CERA-RECALVI) e para o “Trofeo tracción traseira fam53”.
Á devandita presentación acudiron, por parte do Concello de Narón, a alcaldesa, Marián Ferreiro e os concelleiros de deportes, Ibán Santalla e de Seguridade Cidadá, José Oreona, que estiveron acompañados por Antonio Sueiras, presidente da Escuadra Siroco Narón, Moncho Padín, coordinador de seguridade do rallye, Ramiro Fandiño, xefe de seguridade, Gonzalo Fernández, responsable de Prensa, Publicidade e Protocolo, Manuel García, representante de RECALVI, principal patrocinador da CERA-RECALVI, Cristina Imaz, xerente do Centro Comercial Odeón e un representante dos concesionarios Hyundai, Hyupersa e #Finisterre Motor, que cederá os vehículos da caravana de seguridade do rallye. Así mesmo acudiu o equipo da Escuadra Siroco Narón formado por Fernando Sanmartín e #Luis Toimil, piloto e copiloto do Peugeot 206 XS, co que participarán no rallye.
Desde Escudería Siroco Narón queremos dar as grazas a todas as institucións públicas, empresas, persoas e clubs deportivos que ano tras ano seguen apoiándonos para levar adiante unha proba de tan alto nivel.
En menos de dous meses volve a competición automobilística ao Concello de Narón, esperámosvos a todos.