Fai uns minutos realizouse a presentación oficial na Casa do Concello de Narón, do 33º Rallye Cidade de Narón, na que a alcaldesa, Marian Ferreiro e José Oreona, concelleiro de deportes, nos transmitiron total confianza e respaldo á cita deportiva máis importante do concello.
No acto tamén estiveron presentes os vehículos que empregarán algúns dos equipos locais, coma o novidoso Renault Clio Rally4 de TRS Motorsport que levará a parella formada por Jorge Cagiao e Amelia Blanco, o Suzuki Swift R+ N5 de David Grandal e Javier Varela, así coma o emblemático Seat 1430 preparado por MCJ Abarth de Javier Puentes e Mary Carmen Romeu en representación da amplia participación de históricos que teremos.