Menú Cerrar

PRESENTACIÓN OFICIAL 34º RALLYE CIDADE DE NARÓN.

Mañá luns 6 de xuño ás 11:00, na Praza de Galicia do Concello de Narón, levarase a cabo a presentación oficial do 34º Rallye Cidade de Narón, proba puntuable para a Copa de España de Rallyes de asfalto CERA-RECALVI.

Ademais da alcaldesa Marián Ferreiro e do concelleiro de deportes José Oreona, contaremos coa presenza de José Vicente Medina, vicepresidente da RFEdA, con distintas autoridades dos concellos polos que discorre a proba, así como representantes das forzas e corpos de seguridade do Estado e con algúns dos patrocinadores oficiais do Rallye Cidade de Narón.

 

Tamén estará presente o vehículo gañador da pasada edición do Rallye Cidade de Narón, o Ford Fiesta R5 MKII do asturiano Óscar Palacio, e en representación da ESCUDERÍA SIROCO NARÓN estarán o BMW M3 de Fernando Rico e o Ford Escort RS 2000 MKII de Javier Bouza.