Menú Cerrar

PRESENTACIÓN OFICIAL 34º RALLYE CIDADE DE NARÓN.

 

Levouse a cabo na Praza de Galicia do Concello de Narón a presentación oficial do 34º Rallye Cidade de Narón, na devandita presentación contouse coa presenza da alcaldesa Marián Ferreiro e do concelleiro de deportes José Oreona por parte do Concello de Narón e por parte da RFEdA (Real Federación Española de Automobilismo) contouse coa presenza do seu vicepresidente José Vicente Medina e de Alberto González Naveira membro da xunta directiva, tamén estiveron representantes das forzas e corpos de seguridade do Estado, así como algúns dos patrocinadores oficiais do Rallye Cidade de Narón, puntuable para a Copa de España de Rallyes de Asfalto – CERA RECALVI.

No acto estiveron presentes varios dos vehículos de competición que se poderán ver na 34º edición do Rallye Cidade de Narón, como son o Ford Fiesta R5 MKII do asturiano Óscar Palacio, gañador da edición anterior, o BMW M3 de Fernando Rico e o Ford Escort RS2000 MKII de Javier Bouza, ambos pilotos locais e da ESCUDERÍA SIROCO NARÓN.