Na mañá de onte levouse a cabo na Praza de Galicia do Concello de Narón, a presentación oficial da 35 edición do Rallye Cidade de Narón.
O evento foi presentado pola alcaldesa, Marián Ferreiro e os concelleiros de Deportes e Seguridade Cidadá, Ibán Santalla e José Oreona, xunto con Antonio Sueiras, presidente da Escuadra Siroco Narón; Moncho Padín, secretario da entidade e director da proba, Ramiro Fandiño, responsable de Seguridade do rallye; José Vicente Medina, vicepresidente da Federación Española de Automobilismo (RFEdA); Antonio Rodríguez Troitiño, presidente dá Federación Galega de Automobilismo (FGA); a delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros; a xerente do Centro Comercial Odeón, Cristina Imaz, representantes da Garda Civil, Garda Civil de Tráfico e da Policía Nacional e Local de Narón; e os responsables de Hyundai, Kia e Recalvi, empresas patrocinadoras da proba.
No acto estiveron presentes varios dos vehículos de competición que se poderán ver na 35º edición do Rallye Cidade de Narón, como o Alpine A110 R-GT do actual líder da Copa de España de Rallyes de asfalto CERA-RECALVI, Jorge Cagiao e en representación da ESCUADRA SIROCO NARÓN estarán, o Citroën Saxo VTS de Marcos Castro e o Bmw 325i de Pablo Castro.