O equipo formado por Iago Caamaño e Alberto Rodríguez, vencedores da última edición, protagoniza o cartel do 33º Rallye Cidade de Narón.
Este será un ano especial, xa que tras vernos obrigados a cancelalo en 2020, a proba ascende de categoría tras demostrar durante décadas ser unha das máis sólidas e prestixiosas do calendario autonómico e agora pasa a formar parte da Copa de España de Rallyes de Asfalto, polo que contaremos con moitos dos mellores equipos do certame estatal ademáis da sempre numerosa participación local, esperando que a situación sanitaria nos permita desfrutar do noso espectáculo favorito.
Con un esquema de 9 treitos, comezando o venres 25 ás 20:30 co Treito Urbán nas inmediacións do Pazo da Cultura de Narón, a carreira se compoñerá de outros 8 treitos na xornada do sábado 26, con 4 diferentes a dobre pasada para alcanzar un total de 108,5 Km cronometrados sobre un percorrido que contará con varias novidades, esperando que sexa do agrado de participantes e espectadores.
Agardámosvos en Narón en algo menos de dous meses.