Menú Cerrar

Principais vantaxes de correr o Rallye Cidade de Narón

O cambio de categoría do Rallye Cidade de Narón neste 2021, saltando do certame autonómico á Copa de España de Rallyes de Asfalto favorece á gran maioría dos participantes aínda que para moitos xenere inseguridades.

A modo de información, a continuación enumeramos algunhas das diferenzas e/ou posibilidades para que cada un valore os seus intereses:

1 – PERMISO DE PARTICIPACION PARA UN SOLO EVENTO

Os pilotos ou copilotos que teñan claro que solamente van a participar nunha proba ao longo deste ano en curso teñen a posibilidade de solicitar o Permiso de Participación para un Solo Evento. Así, en lugar de ter que abonar 350€ para obtener a Licenza de Piloto ou 195€ para a de Navegante, as tarifas veranse reducidas a 135€ e 95€ respectivamente. Débense solicitar a través de calquera Federación Autonómica (a excepción da FGA que é a única que non ofrece esa posibilidade). É importante tamén indicar que as personas que compitan baixo esta norma non poderán puntuar nin bloquear puntos de cara ao Campionato.


2 – COPIA DE LICENCIA DE CONCURSANTE

Especialmente para os pilotos que non teñan previsto realizar máis carreiras, ou o fagan puntualmente, ófrecese a posibilidade de aforrarse o custo de obter a súa propia Copia da Licenza de Concursante, que habitualmente se solicita á súa escudaría. Ao tratarse de unha competición estatal son admitidas as Licenzas de Concursante que fosen asignadas a unha persoa distinta sempre e cando esa persoa non compita simultaneamente ese día, se presente a licenza, e se acompañe dun escrito da escudaría que cede a copia, indicando os datos do beneficiario, os datos do titular que a cede e asinando o documento algún membro da escudaría con capacidade para facelo.


3 – LICENZA DE ASISTENCIA

Aínda que recomendable, para ter asegurada a cualquera persoa que nos axuda durante os momentos de Asistencia, non é unha esixencia obrigatoria nin imprescindible para poder participar. Moito menos ter que solicitar por duplicado a nome da mesma persoa tanto a licenza de Piloto como a de Asistencia no caso de que non se reciba axuda externa.


4 – PASAPORTE DO VEHÍCULO

Na Copa de España de Rallyes de Asfalto non se exixe ningún tipo de Pasaporte.

Os vehículos verifícanse conforme establece a Agrupación ou Trofeo no que toman parte.


5 – LISTA DE INSCRITOS

Outra vantaxe, para a maior parte dos competidores, é a de non ter que realizar un gran desembolso na compra de neumáticos que lle garanticen figurar na primeira metade da lista de inscritos. Nas probas da Copa de España ordenaranse seguindo un criterio razonable en base ás características mecánicas de cada vehículo e aos méritos dos tripulantes.