Menu Close

PUBLICADA A LISTA DE INSCRITOS.

Presentamos a LISTA DE INSCRITOS OFICIAL do 34º Rallye Cidade de Narón, cun total de 75 vehículos participantes.

Entre o dez primeiros inscritos atopámonos cos sete vehículos da categoría R5 de Óscar Palacio, Victor Senra, Francisco Dorado, Álvaro Muñiz, Jorge Pérez, Luís Vilariño e José Luís Peláez, dentro da categoría GTR temos a Sergio Vallejo e o seu Porsche 997 GT3, na categoría N5 o Suzuki Swift do piloto local Pablo Rey e na categoría Rally4 o Renault Clio do tamén local Jorge Cagiao.
Nos seguintes postos atopámonos a Fernando Rico (BMW M3), David García (Peugeot 106 S16) e Antonio López Lence (Peugeot 106 S16), tres pilotos rapidísimos englobados na categoría H, que farán vibrar ao público coas súas monturas.
Mañá comezarán os recoñecementos dos tramos, polo que pedimos máxima responsabilidade a todos os participantes á hora de realizar os recoñecementos.