Presentamos a LISTA DE INSCRITOS OFICIAL do 33º Rallye Cidade de Narón 2021, unha relación de participantes con moita variedade onde destaca, como xa adiantamos, a presenza dos Porsche 997 Gt3 de Sergio Vallejo (versión 2010) e Gelo Sánchez (versión 2008), os vehículos da categoría R5 de Óscar Palacio (Ford Fiesta), Jorge Pérez (Citroën DS3) e Pablo Rey (Škoda Fabia), os novidosos Rally4 de Jorge Cagiao (Renault Clio) e Iago Gabeiras (Peugeot 208), e os prototipos N5 de Alex Pais (Renault Clio) e David Grandal (Suzuki Swift Sport R+).
Ademáis, o Trofeo Legend MCJ Abarth contará con máis de 20 aspirantes, unha fantástica acollida que sen dúbida fará vibrar ao público con monturas tan chamativas coma o Peugeot 205 Proto de Álvaro Muñiz, os Seat 1430 de Toñito Amor e Javier Puentes, ou os BMW de Fran Rodríguez e Vicente Cabarcos, sempre entre os máis rápidos e espectaculares.
Mañá comenzarán os recoñecementos, polo que pedimos máxima responsabilidade a tódolos participantes, sobre todo en zonas especialmente sensibles como son as áreas habitadas e as granxas.