Menú Cerrar

Publicamos o percorrido do 33º Rallye Cidade de Narón

Saen á luz oficialmente os treitos que compoñen o percorrido desta nova edición. Un itinerario moi selectivo onde os participantes afrontarán unhas especiais coñecidas ao comezo de cada bucle, con Vilachave pola mañá e Ferreira pola tarde, xunto con outras que recuperamos tras dez anos de ausencia, con As Pontes pechando as seccións matinais e A Capela como fin de rallye, todos eles con versións inéditas que combinan todo tipo de asfalto e agarre aínda que predominantemente rápidos e estreitos.

Este ano, para evitar aglomeracións, a organización non facilitará ningunha Guía do Espectador como viña sendo habitual. No seu lugar, póñense a disposición do público diferentes formatos para poder analizar as ubicacións dos treitos cronometrados, con infinidade de accesos e posibilidades para presenciar o evento con total seguridade:

⇒ MAPA XERAL

⇒ TREITOS EN PDF

⇒ TREITOS EN GOOGLE MAPS

⇒ TREITOS EN GOOGLE EARTH

Ademáis de rogar que todo o mundo siga os CONSELLOS DE SEGURIDADE propios deste tipo de competición, este ano debemos actuar con dobre responsabilidade para lograr atenuar o impacto da pandemia que nos afecta, empregando máscara en todo momento, gardando a distancia de seguridade e mantendo as nosas mans limpas.

Coma sempre, agardamos un comportamento exemplar de toda a afición, respetando @s voluntari@s da organización, as propiedades d@s veciñ@s e o medio ambiente. Non esquezas recoller o teu lixo. Grazas!