Menú Cerrar

REGULAMENTO PARTICULAR E APERTURA DE INSCRIPCIONES.

Cando falta pouco máis dun mes para a celebración do 34º Rallye Cidade de Narón facemos público o Regulamento Particular da proba, aprobado pola RFEdA.

Nel figuran os puntos máis importantes en canto ao seu desenvolvemento como o Itinerario-Horario, os Premios en metálico que a Escudería Siroco Narón aportará, os dereitos de inscrición, así como o Programa Horario, no cal podemos comprobar que xa está aberto o prazo para realizar as inscricións no rallye.

Para iso, deberemos dirixirnos ao apartado de Inscripción na web da RFEdA e tramitar a nosa inscrición online.

É moi importante seguir a seguinte orde para poder completar con éxito todo o proceso:

  • O primeiro que necesitamos é estar en posesión da licenza de piloto (a inscrición realizarase accedendo co NIF do piloto, que sería o Usuario) e o Contrasinal (que se é a primeira vez deberemos marcar a opción “Non lembro o meu contrasinal” e remitirase dita clave á dirección de correo electrónico do piloto).
  • Outro documento que o formulario nos vai a solicitar é o Pasaporte Técnico do vehículo, mesmo no caso dos vehículos que participen encadrados no Trofeo Escudería Siroco Narón, para os cales non é obrigatorio. Por iso, tanto para este conxunto de competidores como para os que participen dentro da Copa de España de Rallyes de Asfalto e nunca participasen nunha proba de carácter estatal, o ideal sería tramitar o Prepasaporte gratuito, (introducindo o número de bastidor do vehículo, número de chasis individual ou número de serie do vehículo, para que se poida cotexar na base de datos que non se solicitou un pasaporte técnico previamente para o devandito vehículo).
  • En caso contrario, quen xa utilizase un Prepasaporte ou teña claro que vai realizar máis carreiras de ámbito estatal deberá expedir un Pasaporte Técnico, (en caso de dubida poden porse en contacto por email co responsable).
  • Unha vez esteamos en posesión da Licenza de Piloto e o Pasaporte Técnico / Prepasaporte, poderemos completar un sinxelo formulario online, tendo a posibilidadede contactar coa RFEdA ben por email, ou ben chamando o 917299430.