Menú Cerrar

Regulamento Particular e apertura de inscricións

Cando falta pouco máis de un mes para a celebración do 33º Rallye Cidade de Narón facemos público o Regulamento Particular da proba, (sendo aínda un borrador á espera de recibir o número de permiso que asigna a RFEdA).

En el figuran os puntos máis importantes en canto ao seu desenrolo como o Itinerario-Horario, os Premios en metálico que a Escudería Siroco Narón aportará, os dereitos de inscrición, así como o Programa Horario, no cal podemos comprobar que mañá, xoves 20 de maio, ás 10:00 horas ábrese o prazo para inscribirse no rallye.

Para iso, deberemos dirixirnos ao apartado de Inscrición CERA na web da RFEdA e tramitar a nosa inscripción online.

É moi importante seguir o seguinte orden para poder completar con éxito todo o proceso:

  • o primeiro que necesitamos é estar en posesión da licenza de piloto (a inscrición realizarase accedendo co NIF do piloto, que sería o Usuario) e o Contrasinal (que si é a primeira vez deberemos marcar a opción “No recuerdo mi contraseña” e se remitirá dita clave á dirección de correo electrónico do piloto).
  • outro documento que o formulario nos vai a solicitar é o Pasaporte Técnico do vehículo, incluso no caso dos vehículos que participen encadrados no Trofeo Escudería Siroco Narón, para os cales non é obrigatorio. Por iso, tanto para este conxunto de competidores coma para os que participen dentro da Copa de España de Rallyes de Asfalto e nunca tivesen participado nunha proba de carácter estatal, o ideal sería tramitar un Prepasaporte gratuito, (introducindo o número de bastidor do vehículo, número de chasis individual ou número de serie do vehículo, para que se poda cotexar na base de datos que non se solicitara un pasaporte técnico previamente para dito vehículo).
  • en caso contrario, quen xa tivese utilizado un Prepasaporte ou teña claro que vai a realizar máis carreiras de ámbito estatal deberá expedir un Pasaporte Técnico, (en caso de dúbida poden poñerse en contacto por email co responsable).
  • unha vez en posesión da Licenza de Piloto e o Pasaporte Técnico / Prepasaporte, poderemos completar un sinxelo formulario online, tendo a posibilidade de contactar coa RFEdA ben por email, ou ben chamando ao 917299430.