Os días 9, 10 e 11 de xuño terá lugar o 34º Rallye Cidade de Narón, organizado pola Escudería Siroco Narón en colaboración co Concello de Narón e a Real Federación Española de Automobilismo. Para perfilar os últimos detalles de tan importante competición, a alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Deportes, José Oreona, mantiveron esta mañá unha reunión con Antonio Sueiras e Moncho Padín, presidente e secretario e director da proba, respectivamente. Dita proba será puntuable para a Copa de España de Rallyes de Asfalto (CERA-RECALVI), para a Copa Clío Renault e para o Desafío Kumho Asfalto.
Info: http://www.padroadodeportesnaron.com/…/noticias/get/525