Menú Cerrar

Reunión cos alcaldes dos concellos polos que discorrerá o 34º Rallye Cidade de Narón.

O presidente Antonio Sueiras e o secretario e á vez director de carreira Moncho Padín, reuníronse cos mandatarios dos concellos de Narón, Somozas, Moeche, San Sadurniño e Cerdido, concellos polos cales discorrerá o 34º Rallye Cidade de Narón.

O motivo destas reunións non foi outro que o de perfilar os últimos detalles de tan importante proba deportiva. Unha proba que será puntuable para a Copa de España de Rallyes de Asfalto (CERA-RECALVI), para a Copa Clío Renault e para o Desafío Kumho Asfalto.