Os clásicos terán a súa particular disputa no 33º Rallye Cidade de Narón, e é que MCJ Abarth, preparador local e auténtica referencia en España, patrocinará este particular certame “Legend” no que poderán participar os vehículos das Categorías Pre 81, Pre 90 e Grupo 5 do CERVH.
Ademáis, os 3 primeiros clasificados subirán ao podium a recoller os seus respectivos trofeos, serán obsequiados coa roupa oficial do prestixioso preparador e recibirán vales canxeables para realizar as súas compras na web www.mcj-abarth.es
Poden descargar o Regulamento da Competición no seguinte enlace: Legend MCJ Abarth
Unha gran nova sen dúbida para os amantes do espectáculo e os vehículos históricos.