Aínda queda unha semana para que remate o prazo de inscrición e medio centenar de vehículos xa formalizaron a súa solicitude.
Agárdase a presenza dos principais equipos de España, atraídos pola posibilidade de poder rodar en Galicia antes de participar nas citas da comunidade autónoma que son puntuables para o SCER, e en fronte terán unha amplia participación de pilotos locais, entre os que contaremos con algunhas novidades que sen dúbida centrarán os focos de atención.
Para os equipos que mostran a súa preocupación por un calendario de carreiras que se viu moi compactado debido á pandemia, recordamos que en caso de non poder tomar a saída, a organización reembolsaralle ata un 75% do importe da inscripción.