Menú Cerrar

Victoria de Óscar Palacio e José Murado

Triunfo incontestable da dupla formada polo piloto asturiano Óscar Palacio e o copiloto galego José Murado, que se adxudicaron 4 dos 6 scratchs en xogo co seu Ford Fiesta Rally2, logrando acumular unha renta máis que suficiente para non ter que asumir riscos no último treito cando a climatoloxía se volveu máis adversa.

Os primeiros líderes da proba serían Jorge Pérez e Avelino Martínez, quenes se anotaban o mellor crono no treito inaugural da carreira co seu Citroën DS3 R5, aínda que posteriormente non lograrían defender esa privilexiada posición ante o ataque dun Palacio en racha que sumaba o seu terceiro triunfo en este mes de Xuño. De calquera forma, é a terceira vez esta tempada que se quedan ás portas dunha victoria que non tardará en chegar.

Por outra parte, o máis aclamado polo público sería o Porsche 997 GT3 2010 de Sergio Vallejo e Álvaro Louro, que se vían claramente perxudicados ao cancelarse o treito de As Pontes, a priori o máis propicio para a súa montura en comparación coas dificultades que presentaban as outras especiais, debendo conformarse con unha cómoda terceira posición final que lles sirve para sair líderes da Copa de España de Rallyes de Asfalto.

A cuarta plaza sería para Pablo Rey e Luis Hernández, que se anotaban o scratch no último treito do rallye para posicionar o seu Skoda Fabia R5 apenas 1 segundo por diante dun combativo Jorge Cagiao, quen acompañado por Amelia Blanco, sacaba o máximo partido do potencial do Renault Clio Rally4 de TRS Motorsport, demostrando que tanto o vehículo, coma os tripulantes, coma o preparador están capacitados para alcanzar maiores cotas, sendo sen dúbida os héroes locais.

Outros equipos galardonados serían Pedro Castro e Álvaro Vila cun Mitsubishi Lancer Evo IX como vencedores do Trofeo Escudería Siroco Narón, Óscar Soto e Samuel Fernández que impoñían o seu Ford Fiesta R2 dentro do Desafío Kumho de ASR e os vencedores no apartado Legend MCJ Abarth, Vicente Cabarcos e María del Carmen Aneiros, con BMW M3.

Gracias á posibilidade de reincorporarse á carreira baixo a fórmula de SuperRallye, un total de 50 equipos lograron chegar ao Parque Pechado final.

Poden consultar tódalas Clasificacións e tempos parciais do 33 Rallye Cidade de Narón no seguinte ENLACE.