Víctor Senra gaña o Rallye Cidade de Narón, a segunda proba puntuable da Copa de España de rallyes de asfalto (CERA-RECALVI), dende o primeiro tramo cronometrado deixou claro aos seus adversarios que ía por todas, marcando o mellor tempo en todas as seccións cronometradas.
A segunda posición foi para Jorge Pérez, posición que disputaron durante o segundo tramo catro pilotos, Álvaro Muñiz, Jorge Pérez, Luis Vilariño e Francisco Dorado.
Francisco Dorado saíu da vía no primeiro paso do tramo As Barbelas-“Autolife” e Álvaro Muñiz sufriu problemas co alternador do seu Hyundai i20 R5, no tramo Pedroso-“Autos Pasuco”, que sumado a unha penalización por unha pequena saída de pista, deixouno sen opcións de ocupar un posto entre os tres primeiros clasificados. Mala sorte tamén para os irmáns Sergio Vallejo e Diego Vallejo, que tiveron que abandonar a poucos metros do inicio do primeiro tramo cronometrado por un problema mecánico.
Jorge Cagiao foi o vencedor en dúas rodas motrices situándose na sexta posición, seguido de Pablo Rey que se colocou na sétima posición, gañando a N5, a oitava posición, vencendo na categoría de históricos ia parar a mans de Fernando Rico.
O Trofeo Siroco Narón foi para Ignacio Sanesteban e a segunda posición para Javier Pérez.